mércores, 22 de abril de 2015

DÍA DA POESÍA NO CEP MARCOS DA PORTELA

Ola compañeiros e compañeiras!

Queremos compartir con todos e todas vós, os vídeos que fixemos no día da Poesía, que foi o 21 de marzo.

Os rapaces e as rapazas de 1º e 2º aprendemos o poema "O arco da vella" e os de 3º aprenderon "O Sol" de Manuel María, xa que este ano estivemos traballando e investigando sobre o tema da luz.

Tamén decoramos os chanzos do noso cole cos versos destas poesías, que vos parece?

Esperamos que vos gusten moito!

Bicos e apertas!





Tamén podedes ver estes vídeos no noso blog de normalización 

martes, 9 de decembro de 2014

VISITA DO CEP MARCOS DA PORTELA AO CEIP ISIDORA RIESTRA

Os días 19, 20 e 21, o alumnado de 1º, 2º e 3º do CEP Marcos da Portela coñeceu en persoa aos seus compañeiros e compañeiras do CEIP Isidora Riestra.
Nada máis chegar, tivemos un grandioso recibimento e sentímonos moi ben acollidos. 
Primeiro fixéronse cinco grupos de diferentes cores con nenos e nenas de ambos os dous coles, para realizar un mural onde cadaquén debuxou libremente algo relacionado co encontro e escribiu como se sentía nese intre. 
Unha vez rematados os fermosos murais, puidemos degustar a saborosa rosca que nos ofreceron e xogar no patio onde admiramos unha fermosa árbore coas cores do outono.
A continuación, fomos visitar, da man dun neno ou nena do outro cole, o Parque da Memoria. 
Finalmente cada grupo amosou o seu mural e escollemos dous deles para traer e expoñer no cole.
Para agradecer a visita levamos como agasallo unhas plantas aromáticas sementadas por nós, como símbolo da amizade que agromará.

 



martes, 18 de novembro de 2014

XA PODEMOS COÑECERNOS!!

Mañá, 19 de novembro, os alumnos e alumnas de 1º  nivel do CEP Marcos da Portela visitarán aos seus compañeiros do CEIP Isidora Riestra. 

Están desexando coñecelos!!

Nas ligazóns que aparece a continuación, podedes ver as fotos do alumnado dende 1º a 3º nivel. Preme no pé de foto.

1º A CEIP Isidora Riestra

                                                 
1º B CEIP Isidora Riestra

1º A CEP Marcos da Portela
                                 

1º B CEP Marcos da Portela
                                   
1º C CEP Marcos da Portela

2º A CEP Marcos da Portela

2º B CEP Marcos da Portela
2º A CEIP Isidora Riestra
2º B CEIP Isidora Riestra



                                       
3º A CEP Marcos da Portela


     
     
3º B CEP Marcos da Portela



3º C CEP Marcos da Portela



https://plus.google.com/u/0/photos/100764794041318215450/albums/6082342590381905585
3º B CEIP Isidora Riestra