martes, 9 de decembro de 2014

VISITA DO CEP MARCOS DA PORTELA AO CEIP ISIDORA RIESTRA

Os días 19, 20 e 21, o alumnado de 1º, 2º e 3º do CEP Marcos da Portela coñeceu en persoa aos seus compañeiros e compañeiras do CEIP Isidora Riestra.
Nada máis chegar, tivemos un grandioso recibimento e sentímonos moi ben acollidos. 
Primeiro fixéronse cinco grupos de diferentes cores con nenos e nenas de ambos os dous coles, para realizar un mural onde cadaquén debuxou libremente algo relacionado co encontro e escribiu como se sentía nese intre. 
Unha vez rematados os fermosos murais, puidemos degustar a saborosa rosca que nos ofreceron e xogar no patio onde admiramos unha fermosa árbore coas cores do outono.
A continuación, fomos visitar, da man dun neno ou nena do outro cole, o Parque da Memoria. 
Finalmente cada grupo amosou o seu mural e escollemos dous deles para traer e expoñer no cole.
Para agradecer a visita levamos como agasallo unhas plantas aromáticas sementadas por nós, como símbolo da amizade que agromará.

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario